PUNTO REENG@NCHATE  /   PORTAL EDUCATIVO

castelan galego
cabecero

Concello
Introducción
   
media/files/228/concello0__.gif

  A riqueza ecolóxica da zona está marcada por unha paisaxee chea de cores e habitats.

consellería de innovación e industria

Telf. concello: 982 31 40 34

 
Na Terra Chá, o Concello de Castro de Rei caracterízase, coma toda a comarca, por unha variedade paisaxística de gran interese: chairas, lagoas, extensos humedais que acollen numerosas aves acuáticas.

A riqueza ecolóxica da zona ven marcada por unha paisaxe chea de cores e hábitats nos que conviven prados, cultivos, brezais e xunqueiras.

sen esquecerrnos de Castro de Ribeiras de Lea, centro comercial e industrial do municipio, co seu parque empresarial, importantes industrias relacionadas co sector agrogandeiro, Castro de Rei ofrécelle ó visitante un hermoso entorno natural: é mais ben un lugar residencial para ver e desexar, posúe paraxes idílicas, itinerarios de senderismo e un bó patrimonio artístico diseminado por todo o municipio.

No século XVI foi construido o castelo de Castro de Rei que lle deu nome, blasón e escudo a vila. O castelo, que co núcleo de poboación estivo rodeado de murallas, mantívose en pé ata 1941, cando se derrubou. A pequena elevación na que se atopa o núcleo primitivo da vila, foi un castro rodeado polos ríos Azúmara e Torneiros, e conserva restos das antigas defensas do castro e da fortaleza.Con data de 4 de febreiro de 1971 foi declarada conxunto histórico e paraxe pintoresca.

Son numerosas as mámoas, medorras,antas con ou sen dolmen interior, todas elas de 4000 a 5000 anos, situadas en zonas como Rozas, Loentia, Ansemar, Riberas de Lea (en el limite con Outeiro de Rei), e noutras parroquias allanadas a consecuencia de traballos agrícolas.

Existe una gran cantidade de castros que dan nombre a vilas, parroquias e lugares, procede citar os Castros de Duarria, Azúmara, Bazar, Outeiro, e o propio de Castro